Comunicación e Marketing

Xesteco é un consulting de enxeñería no que o márketing e comunicación teñen un papel fundamental. Achegamos visión política (se o cliente é a Administración pública) ou comercial (se se trata de empresas) a todos os nosos proxectos.

En Xesteco cremos que o éxito da comunicación depende, en boa medida, da capacidade para formar un bo equipo cos nosos clientes. A interacción, a proximidade e a confianza son fundamentais para chegar a entender as necesidades ou as ideas, o contexto e os recursos dos que dispón unha Administración pública ou unha empresa. Por iso, Xesteco non funciona como unha consultoría externa clásica, senón que pon ao servizo dos nosos clientes unha persoa de referencia especializada en márketing e comunicación, capaz de traducir comunicativamente os proxectos para facelos chegar ao maior número de persoas e convertelos nun éxito social e/ou comercial.

Para elo contamos cun equipo de colaboradores expertos en deseño gráfico, márketing on-line e comunicación audiovisual.

PLAN DE MARKETING

PLAN DE COMUNICACIÓN

GABINETE DE PRESA

DESEÑO DE CAMPAÑAS PUBLICITARIAS

IMAXE CORPORATIVA