Promoción y capacitación en bioconstrucción y construcción adaptada a la economía circular

Promoción e capacitación en bioconstrucción e construción adaptada á economía circular

A industria da construción opera dentro dunha economía lineal de fabricación, uso e eliminación. Os edificios desmóntanse e derrúbanse con abraiante regularidade e, mentres, os edificios novos constrúense a partir de materiais virxes obtidos tras duros procesos de extración. Pero as materias primas son cada vez máis escasas, e a demanda delas está sobreexplotando o planeta e poñendo en perigo a súa biodiversidade.

Ata agora, prestouse pouca atención a como os profesionais da industria da construción poden contribuír á transición cara a unha economía circular. Con todo, a industria da construción consome máis da metade dos recursos naturais extraídos no mundo e xera ao redor dun terzo do total de residuos xerados na UE, o que converte ao sector nun candidato ideal para aplicar a economía circular e para proporcionar un legado arquitectónico positivo para as xeracións futuras.

Xesteco desenvolve proxectos de promoción e capacitación destinados a unha nova xeración de profesionais especializados na economía circular dentro do sector da construción, con especial atención ás técnicas de bioconstrucción, reciclaxe e reutilización de materiais e ás enerxías renovábeis.

Con estes proxectos, Xesteco busca impulsar a sustentabilidade das actividades económicas relacionadas co sector da construción e crear conciencia na cidadanía, nas empresas e nas Administracións acerca dos beneficios e oportunidades da transición cara a unha economía circular.-

Recuperación y valorización del patrimonio industrial y geológico

Recuperación e valorización do patrimonio industrial e xeolóxico

Poñer en valor e aproveitar o legado da arqueoloxía industrial foi o punto de partida elixido por Xesteco para crear un produto de turismo cultural e activo nun pequeno municipio de Lugo. O proxecto desenvolto por Xesteco combina a posta en valor da identidade mineira da vila con actividades de sendeirismo, lecer e aventura.

As actuacións proxectadas contemplan: 

  • A recreación dun antigo tranvía aéreo reconvertido en tirolina xigante de 330 m
  • O acondicionamento e iluminación de dúas minas subterráneas mediante enerxía solar
  • A construción dunha ponte colgante de aventura que complementa unha ruta de sendeirismo temática

O proxecto enmárcase nun plan integral de recuperación e valorización do patrimonio industrial e xeolóxico do municipio.